50
60
70
80
301
50
miércoles, 14 de noviembre de 2007
martes, 13 de noviembre de 2007
Beso en la boca
Bueno, vale, Naty tiña razón...
A canción di 'Beso en la boca es cosa del pasado' e non 'Es el amor la respuesta del pasado'.
Mira que tivemos discusións, e seguiremos tendoas, sobre esta canción, eh.
A última foi este verán na praia, onde un neno nos asegurou que Naty tiña razón.
E creo recordar que alguén máis tiña outra versión.
Para min sempre será:
Es el amor la respuesta del pasado, ahora, ahora es el amor apretado.
¿A que queda ben?
domingo, 21 de octubre de 2007
Rosario Mohedano e o micro
Agora que a polémica entre Rosario Mohedano e Shaila Durcal está en pleno auxe, hai que lembrar o gran momento da Juradito no seu estreno no Programa de Ana Rosa.
Eu a esta rapaza augúrolle unha carreira chea de éxitos despois do seu magnífico inicio no que, por se alguén aínda non se enterara de que era playback, lle caeu o micrófono.
viernes, 19 de octubre de 2007
Vivamos como galegos
O anuncio de Gadis que está arrasando en Galicia e que di verdades coma casas.
Creo que tódolos galegos, despois de ve-lo anuncio, sentímonos máis orgullosos de selo.
¡Vivamos como galegos!
jueves, 27 de septiembre de 2007
Aparcadoiro perfecto
Non son eu, pero podería selo perfectamente.
Esta italiana non sei onde lle deron o carné, pero non é normal que intente aparcar ese coche, nese sitio, dese xeito.
E aínda por riba ten máis que dicir e bótalle a bronca ós coches que pasan.
Ó final, desesperada, decide marchar.
Ma tutte e italiane sei cosi? Sceme!
Gracias, Bibi.
miércoles, 26 de septiembre de 2007
Dolores menstruais
Típico concurso de late-night, pero en Suecia.
De repente, a presentadora vomita no plató.
O mellor de todo é cando volve berrando:
-Uuuuuhhh!! Ok!
Dende ese momento non para de repetir, mentres se mexa de risa, que ten unha regra moi dolorosa.
Dío catro veces, por se alguén non se enterou.
Pobre Niklas. O que tivo que soportar
martes, 18 de septiembre de 2007
A tu posición, Raquel
O mellor momento de Supermodelo 2007. Vai ser difícil superalo.
Cando Raquel volve, debería aparece-lo círculo vermello de Cuatro, que vaia correndo cara el e que desapareza da vergonza que pasou.
A ver se o poñen na próxima autopromoción.
Por certo, atención á cara de Marta cando non a salvan. Nun primeiro momento semella que é a ela a quen a salvan, pero non. Foi un xesto de confusión, alegría, pena, rabia, sorpresa... todo e nada ó mesmo tempo.
Por favor, Raquel, no hemos terminado... A tu posición.