miércoles, 9 de abril de 2008

Support Spain!

Con este anuncio a Sky Sports pretende que os Brits vexan a Eurocopa este ano.
Nel dinse verdades como casas, como iso de que sempre nos eliminan, con moito sentido do humor.
E eu que pensaba que este ano no ia ter ambiente de Eurocopa...
Todo Reino Unido con Spain!

jueves, 27 de marzo de 2008

Chiki chiki

Xa sei que non é nada novo para vós, pero este video non podía faltar neste blog.

Despois de varios anos rozando o patetismo ca representación española en Eurovisión, este ano é o acabose. Unha canción ca que todos nos mexamos e que nos fartaremos de bailar este verán, pero que dará pena en Belgrado.
Aínda que, visto o visto, ós europeos tamén lles vai bastante iso da coña e se cadra dáselles por votar a este frickie, como xa fixeron en anos anteriores.
A diferencia é que este ano non hai só un frickie. Hai varios.

Estamos, case con toda seguiradade, ante o peor festival de Eurovisión da historia.

martes, 18 de marzo de 2008

Frozen London

¡Xenial!
Á próxima apúntome.

¡Fagamos un frozen Laxe!

viernes, 22 de febrero de 2008

Just fine

Esta canción quero compartila con vós porque me dá subidón.
Faime moita gracia o berro do principio, o baile e os cambios de modelito da cuarentona negra.

Unha canción que está tendo bastante éxito no Reino Unido.

Just fine, fine, fine, fine, fine, fine, uh!!

jueves, 10 de enero de 2008

Tetris

Un xeito orixinal de xogar ó mítico Tetris.
¿Canto tempo das nosas vidas podemos ter perdido con este xogo?
Eu moitísimo.

Sobresaliente para este proxecto.

miércoles, 9 de enero de 2008

Facha

¡Uf, que medo!
¿Como se vos quedou o corpo despois de oír isto?

Cun pouco de sorte o Sagrado Corazón de Xesús axudaranos a librarnos desta xente.

miércoles, 2 de enero de 2008

Un ano máis

Desde que descubrín esta canción hai uns anos, gústame acaba-lo ano escoitándoa.
Non sei por que me trae bos recordos, se cadra porque este tipo de música lémbrame a cando era pequeno.

Este ano compártoa con vós.

Feliz 2008.