Un xeito orixinal de xogar ó mítico Tetris.
¿Canto tempo das nosas vidas podemos ter perdido con este xogo?
Eu moitísimo.
Sobresaliente para este proxecto.
jueves, 10 de enero de 2008
Tetris
miércoles, 9 de enero de 2008
Facha
¡Uf, que medo!
¿Como se vos quedou o corpo despois de oír isto?
Cun pouco de sorte o Sagrado Corazón de Xesús axudaranos a librarnos desta xente.
miércoles, 2 de enero de 2008
Un ano máis
Desde que descubrín esta canción hai uns anos, gústame acaba-lo ano escoitándoa.
Non sei por que me trae bos recordos, se cadra porque este tipo de música lémbrame a cando era pequeno.
Este ano compártoa con vós.
Feliz 2008.
lunes, 24 de diciembre de 2007
Spice Girls en Tesco
Os supermercados Tesco confiaron nas Spice Girls para a súa campaña de Nadal e levamos un mes soportando a Victoria and friends facendo conachadas no súper.
Oxalá se arruine Tesco despois desta campaña.
jueves, 13 de diciembre de 2007
Christmas
Este é o único Nadal que vou ter este ano. É o anuncio dos supermercados Morrisons (ó que vou sempre) e estano poñendo desde que cheguei a Londres.
Encántame porque saen tódalas cousas típicas do Nadal e que eu non vou poder disfrutar este ano.
Un momento de morriña.
miércoles, 14 de noviembre de 2007
martes, 13 de noviembre de 2007
Beso en la boca
Bueno, vale, Naty tiña razón...
A canción di 'Beso en la boca es cosa del pasado' e non 'Es el amor la respuesta del pasado'.
Mira que tivemos discusións, e seguiremos tendoas, sobre esta canción, eh.
A última foi este verán na praia, onde un neno nos asegurou que Naty tiña razón.
E creo recordar que alguén máis tiña outra versión.
Para min sempre será:
Es el amor la respuesta del pasado, ahora, ahora es el amor apretado.
¿A que queda ben?