jueves, 27 de septiembre de 2007

Aparcadoiro perfecto

Non son eu, pero podería selo perfectamente.
Esta italiana non sei onde lle deron o carné, pero non é normal que intente aparcar ese coche, nese sitio, dese xeito.

E aínda por riba ten máis que dicir e bótalle a bronca ós coches que pasan.

Ó final, desesperada, decide marchar.

Ma tutte e italiane sei cosi? Sceme!

Gracias, Bibi.

miércoles, 26 de septiembre de 2007

Dolores menstruais

Típico concurso de late-night, pero en Suecia.
De repente, a presentadora vomita no plató.
O mellor de todo é cando volve berrando:
-Uuuuuhhh!! Ok!

Dende ese momento non para de repetir, mentres se mexa de risa, que ten unha regra moi dolorosa.
Dío catro veces, por se alguén non se enterou.

Pobre Niklas. O que tivo que soportar

martes, 18 de septiembre de 2007

A tu posición, Raquel

O mellor momento de Supermodelo 2007. Vai ser difícil superalo.

Cando Raquel volve, debería aparece-lo círculo vermello de Cuatro, que vaia correndo cara el e que desapareza da vergonza que pasou.

A ver se o poñen na próxima autopromoción.

Por certo, atención á cara de Marta cando non a salvan. Nun primeiro momento semella que é a ela a quen a salvan, pero non. Foi un xesto de confusión, alegría, pena, rabia, sorpresa... todo e nada ó mesmo tempo.

Por favor, Raquel, no hemos terminado... A tu posición.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

Que me lo quitan de las manos

Non podo crer que atopara este video. É un dos tres mellores momentos de Supermodelo 2006 segundo o xurado que compoñían Laura, Bea e Ramón.
Atención a ese momentazo cando Yasmín lle quita o vestido das mans a María José. E aínda por riba, a canaria ten o morro de dicir que non se deu conta despois de quitarllo clara e descaradamente.
¡Moi forte!

lunes, 3 de septiembre de 2007

Telegaita

O pobre Gayoso pasou por un dos seus peores momentos ó frente do Luar (sen contar cando matou ó Fary e só estaba enfermo).
O que di o home ó que chama non ten desperdicio.
Desfrutádeo.